ENTRAR

E-mail o contraseña incorrectes.
Prova de nou o prem a Recordar claus d’accés.

ENTRAR CREAR ESDEVENIMENT

 
Concerto Solidario co Pobo Palestino en Compostela
Divendres, 26 Gener 2024
22:00h - 23:55h
Sala Malatesta

10€

inscriure’m


Descripció

Pallasos en Rebeldía e Culturativa S. Coop. convocan novamente á sociedade galega a xuntarse baixo o lema "Cultura contra a barbarie" nun concerto solidario para recadar fondos para Pobo Palestino. Un evento que terá lugar o 26 de xaneiro na Sala Malatesta con artistas do talle de Dios Ke Te Crew, Rebeliom do Inframundo, High Paw, Nadie Gonzalez, C. Mirazo, Yslem e Tiam GZ.


As artistas estarán acompañadas de Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía e gran coñecedor da situación vivida ao longo dos últimos 20 anos en Gaza e Palestina. Xuntas - público e artistas - mandarán unha mensaxe de #StopXenocidio ás autoridades europeas. Porque non criminalizar ao Estado de Israel é apoiar a morte de miles e miles de civís: homes, mulleres e cativos.


Dende a organización entenden “a cultura como altofalante das reivindicación sociais. Este evento supón non só un concerto para recadar fondos, se non unha oportunidade para poñer sobre o escenario unha mensaxe de solidaridade e urxencia ante unha situación que afecta a unha poboación enteira”. 


A situación en Palestina supón unha das maiores vergoñas e fracasos da comunidade internacional das últimas décadas. Cada día súmanse novos crimes de guerra a un exterminio da poboación civil camuflado de intervención bélica. Unha masacre que suma milleiros de mortes, moitas delas cativos e cativas, ante a pasividade da maior parte dos Estados do mundo e o apoio de moitas desas organizacións.


Este evento está organizado pola ONG Pallasos en Rebeldía co respaldo de Culturactiva S. Coop. e a colaboración da Sala Malatesta, Galiza por Palestina e BDS Galiza.

Pallasos en Rebeldía
Pallasos en Rebeldía
Pallasos en Rebeldía
Pallasos en Rebeldía

Detalles

Data i Hora

Divendres, 26 Gener 2024
22:00h - 23:55h (Europe/Madrid)

Lloc

Sala Malatesta
Rúa de San Lourenzo, 51-53, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, 15704, Santiago de Compostela, ES
Veure mapa

Preu

10€

Afegir al meu calendari

inscriure’m

Comparteix amb els teus amics


Política de reemborsament:

Sense reemborsament

Mapa

Inscripcions no disponibles

Les inscripcions per aquest esdeveniment ja han finalitzat.

Inscripcions no disponibles

Les inscripcions per aquest esdeveniment ja han finalitzat.